GALERÍA DE MULLERES

      Berta A.Cáccamo         

(Vigo, 1963-2018) pintora galardoada co premio Cultura Galega das Artes Plásticas en 2017, figura clave da arte contemporánea galega, é unha das grandes representantes da pintura abstracta en Galicia

Licenciada en Belas Artes. Facultade San Jordi de Barcelona. Doutoramento na Facultade de Belas Artes de Barcelona e posteriormente na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Bolsa Manuel Colmeiro da Xunta de Galicia en 1987. Bolsa de Creación Artística Banesto en Madrid en 1990 II Premio na XXI Bienal de Pontevedra e de estancia en Cité Internacional des Arts en París entre 1990 e 1991. Entre os anos 1992 e 1993, é bolseira na Academia de Belas Artes de Roma.

Considerada unha das pintoras do Estado español máis importantes da súa xeración. Esixente e reflexiva, a súa pintura é produto dunha mirada inqueda, emocional e afectiva.

Cáccamo, que comezou a expoñer na década dos 80 e estivo vinculada á corrente do grupo Atlántica, nos últimos anos combinou o seu labor artístico coa docencia, na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

Filla do escritor Xosé María Álvarez Blázquez e irmá do poeta Xosé María e do novelista Afonso Álvarez Cáccamo.  A artista conta con exposicións no Museo de Pontevedra e participou na edición do pasado ano das Medianeiras de Vigo, na que a artista realizou o mural na rúa Segunda República. O CGAC dedicoulle en 2016 Expansión ensaio, unha mostra retrospectiva, na que a súa obra convértese nun proxecto vital, e de ensaio.

A súa inesperada e temperá morte deixa un baleiro na arte galega e no mundo da cultura.

CARTEL BERTA A. CÁCCAMO