GALERÍA DE MULLERES

   María Victoria Moreno

     DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

 Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres), 1939 – Pontevedra 2005. MESTRA E ESCRITORA

Nos anos 60 chega a Galiza e desde o comezo, identificouse coa nosa cultura. Tamén participou activamente na vida cultural e política de Pontevedra e do país colaborando en conferencias, cursos e encontros literarios. Ademais de novelas e contos, escribiu obras de ensaio, colaborou na redacción de libros de texto e dirixiu a colección “Árbore” da editorial Galaxia.
Como profesora, procuraba un método de ensino no que prevalecese o gozo que supón a aprendizaxe. Fronte ás prohibicións, a censura e o medo, María Victoria ofrecía liberdade e xogos.

Era encantadora de palabras, amante dos libros e defensora da literatura infantil e xuvenil. Sentía, como os rapaces, a incomprensión dos adultos e o desacougo de andar perdida no mundo. De nena escapaba da triste realidade da posguerra coa fabulación de historias e de adulta fíxose escritora.A súa obra Anagnórise(1989) é unha das obras con máis éxito da literatura xuvenil galega.
María Victoria era xenerosa e decidida, valorosa ante a vida, o amor e a morte. Malia ter pasado por momentos moi duros, apostaba pola esperanza. Gustáballe pasear amodo, cociñar, a música, os cans e as flores. Amaba “a beleza da paisaxe, da vida, das persoas e das palabras”.

Destacamos o seu compromiso coa lingua e a cultura galegas.

(texto recollido de culturagalega.org)

CARTEL INFORMATIVO