NOTA DE PRENSA

Poñémonos en contacto con vostede para informalo/a da presentación e  posta en marcha da nova  Escola municipal de xadrez Concello de Muxía, que dará comezo o martes 20 de marzo.

O venres 16 de marzo, ás 18:00 horas, no Salón do Voluntariado do edificio de servizos múltiples do Concello, farase a presentación da escola que correrá a cargo do alcalde do Concello de Muxía don Félix Porto Serantes, na que tamén intervirá o mestre da escola, David Lariño, todo un campión de España, Maestro fide  (MF) en 2004, Maestro internacional en 2006 e Gran maestro  (GM) en  2013.

Os/as asistentes terán a oportunidade de xogar unhas partidas de xadrez simultáneas contra todo un campión como é David Lariño, e codearse por uns intres, contra un xogador de nivel internacional.

As clases estarán separadas por niveis, serán impartidas os martes, mércores e venres de 18:00 a 21:00 horas e desenvolveranse no edificio de servizos múltiples do Concello de Muxía.

O prazo de inscrición segue aberto, e para formalizar a mesma, ten que poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello (de 8:30 a 13:00 h. de luns a venres) no tlf. 981 742 001 ou no enderezo eléctrónico  diego.castineira@muxia.es.

NOTA DE PRENSA