DESEÑANDO O TEU FUTURO NA COSTA DA MORTE

O Concello de Muxía xunto cos Concellos de Mazaricos, Camariñas e Vimianzo organizan coa subvención da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a terceira edición do programa Deseñando o teu futuro na Costa da Morte.

Ata o 26 de agosto queda aberto o prazo de inscrición de mozos e mozas de 14 a 17 anos dos concellos participantes.
Tan só 15 persoas poderan realizar as actividades previstas para a primeira quincena de setembro de 2017.

Recibirán 36€ en concepto de beca si completan tódo o programa que se compoñe de:
-Estadías- prácticas en empresas colaboradoras,de 6 días e 5,30 horas cada día
-1 Visita guiada a empresas innovadoras e significativas da Costa da Morte
-Formación sociolaboral de orientación e apoio á inserción e eleccións laborais

Este proxecto pretende aproximar a realidade socio-laboral e empresarial dos concellos a estes mozos e mozas, facilitando unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa- profesional e faiga máis doada a transición entre escola e traballo.

As persoas interesadas poden WEB

E-mail: comonosofuturo@camarinas.net