“Curso on line Coidado de persoas maiores dependentes”
Muxía.- 23 de xuño de 2017
O Alcalde de Muxía, acompañado por persoal do Centro de Información á muller, fixeron entrega dos diplomas e o acto de clausura do curso on line para coidadores de persoas dependentes. O curso tivo unha duración de 50 horas e proporcionou información, habilidades e técnicas á persoa coidadora non profesional, co obxectivo de mellorar a calidade de vida da persoa dependente. Un total de 15 alumnas completaron con éxito a súa participación na acción formativa organizada e promovida polo Concello de Muxía e avalada pola Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía.
Centro de Información ás mulleres Concello de Muxía Rúa Real 35 Tfno 981742001 ext. 24 cim@muxia.es