O concurso de debuxo Pedaleando pola igualdade, organizado pola Concellaría da Muller, a Concellaría de Deportes e o Club Ciclista de Muxía

O concurso de debuxo “Pedaleando pola igualdade”, organizado pola Concellaría da Muller, a Concellaría de Deportes e o Club Ciclista de Muxía, tivo como tema central o deporte e a muller; e o seu obxectivo era fomentar o recoñecemento social das mulleres deportistas de Muxía, analizar as diferenzas de xénero existentes na práctica do deporte e poñer en valor as actividades deportivas e animar ás mulleres a practicalas.

O xurado elexíu o debuxo gañador de entre os 38 participantes dos CEIPs de Vilarmide e Os Muiños.

O gañador resultou: LUCAS GARCIA LUACES, de 9 anos. CEIP Os Muiños.

Parabéns Lucas¡¡¡¡¡¡¡