O Comité de empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría, convoca para as 19:30 h. do venres 10 de marzo, unha MANIFESTACION que sairá desde a fábrica de Brens e rematará na praza do Concello de Cee; como resposta ao anuncio de venda das Centrais hidroelécticas dos ríos Xallas e Grande que a empresa pretende realizar.
Os Alcaldes desta comarca, unanimemente, facemos un chamamento á cidadanía para acudir á manifestación en defensa dos recursos naturais e sociais da nosa zona.
As centrais non se venden!!! O futuro da Comarca está en xogo.
Muxía 7 de marzo
O Alcalde
Félix Porto Serantes