Os veciños poden renovar o DNI en Muxía os días 16 e 17 de xaneiro

Muxía, 16 de decembro. O Concello de Muxía informa aos veciños que poden renovar o Documento Nacional de Identidade os días 16 e 17 de xaneiro no edificio consistorial. Unha unidade móbil de Renovación e Expedición do DNI desprazarase á vila para facer o traballo.

As persoas interesadas deberán anotarse nas oficinas do Concello. Hai un límite de 50 prazas e 5 de reserva.

Descarga o bando sobre a renovación do DNI en Muxía