Cinco Miradas, exposición colectiva no Nadal no Centro Social de Muxía

Muxía, 18 de decembro. O Concello de Muxía organiza unha exposición para o Nadal. Será una expo-colectiva de varios autores como son Cristina Casstro, Chérie Trillo, Isa Fernández, Clara Toba, Milagros Cotelo, Detlef Kappeler, Mon Lendoiro, Sar, O Miguelo, Viki Rivadulla, Santi Picos, Yano Yoro, Taracido e Zizi.

A inauguración terá lugar o día 23 de decembro ás 20.30 horas e contará coas Abaladeiras de Muxía. Será no Centro Social, ubicado na planta baixa do Edificio de Servizos Múltiples de Muxía, onde se poderá disfrutar da mostra ta o 8 de xaneiro.