XORNADAS DE DIFUSIÓN RESTAURACIÓN MORAIME

Hoxe venres  29 e mañán 30 de xuño , terán lugar unhas  xornadas de difusión dos traballos de restauración e investigación realizados nos frescos do S.XVI da igrexa do antigo Mosteiro de San Xiao de Moraime (Muxía)ao longo dos meses de Setembro de 2017 a Febreiro de 2018 .
Nestas xornadas, que serán os dous días ás sete da tarde no interior da propia igrexa, a directora da restauración, Uxìa Aguiar, impartirá unha charla e atenderá a dúbidas e preguntas.