Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha (1) auxiliar administrativo/a ao abeiro do Programa de Garantía Xuvenil.
Obxecto: Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha (1) auxiliar administrativo/a ao abeiro do Programa de Garantía Xuvenil
Esta contratación enmárcase na Orde do 22 de maio de 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que regula as subvencións para o emprego de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia, a través da colaboración coas entidades locais, e conta coa cofinanciamento da Unión Europea a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Duración d0 contrato: 9 meses
Tipo de xornada: Completa (maña e tarde)
CNO: 4500
Requisitos:
Entre os requisitos para poder participar no proceso, as persoas aspirantes deberán cumprir cos seguintes criterios:
- Estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego (Galicia) no CNO 4500
- Estar rexistradas como beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ser seleccionadas previamente polo Servizo Público de Emprego de Galicia (Emprego Galicia), tras a correspondente oferta presentada polo Concello de Muxía.
Bases: BASES GARANTÍA XUVENIL 2026.pdf
Mais información: Oficinas municipais
Anuncios: os avisos relativos a este proceso serán publicados no taboleiro electrónico de anuncios do Concello https://sede.muxia.es/sxc/gl/informacion/


