O Concello de Muxía clausura as actividades do 25N cun Curso gratuíto de autodefensa para mulleres ante situacións violentas

O Concello de Muxía, integrado na Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, ven de clausurar un curso de “Autodefensa persoal para mulleres ante situacións violentas”, no marco do acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Federación Galega de Loita(Fedaloita).

Realizouse os días 2 de 4 de decembro, en horario de 9.30 a 13.30 horas, no Edificio de Servizos múltiples municipal.

Manuel Herbón, monitor especializado e integrante da Federación Galega de Loita, foi o encargado de impartir este curso no que se pretendía ampliar os coñecementos das participantes en técnicas de defensa persoal e protocolos de seguridade básicos e reforzar a autoconfianza con técnicas específicas.

Ao acto asistiu a concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch, que agradeceu o compromiso das participantes e do monitor neste tipo de actividades que xeran unha actitude de autoconfianza e firmeza nas reaccións das mulleres.