Voluntarios de Mar de Fábula

Por terceiro ano consecutivo, os voluntarios de Mar de Fábula, iremos limpar o coído de Touriñán.

Nesta altura, xa non temos dúbidas. O mar, combinando de maneira precisa os seus elementos: correntes, ondas e ventos, devólvenos unha vez máis no coído de Touriñán unha boa mostra do lixo mariño que contamina as súas augas, confirmando así, de maneira clara, que ten escollido este afastado e máxico lugar para chamar a nosa atención sobre algo que non vai ben entre él e máis nós.

Nós, interpretando as súas claves, acudiremos a un novo Encontro co Mar neste lugar de xeografía privilexiada. Iremos recoller outra vez no mes de marzo, a colleita de lixo plástico de cada inverno.

Ao remate da xornada, mentras repoñemos forzas, teremos tempo de reflexionar sobre as solucións a este serio problema. De cómo, na sociedade actual, poderémoslle poñer fondo a este saco sen fondo que é a contaminación do mar, que é a contaminación mental. Unha é síntoma da outra.

Xa que logo, a asociación Mar de Fábula, contando, coma sempre,  co soporte loxístico do concello de Muxía, fai un chamamento a todas as persoas dispostas a seguir colaborando nesta aventura da limpeza do mar.

Día e hora: Sábado 18 marzo, ás 12.00 horas.

Lugar de reunión: O Faro de Touriñán ( os que saiban do coído pódense dirixir aló).

Recoméndase levar bebidas e provisións de boca para o xantar.

Tlfno. contacto: 608609042