Selección de persoal para o Obradoiro de Emprego CONSTRUÍNDO FUTURO. Actualización 14.10.21
Entidade promotora:
– Concello de Camariñas.
– Bases de selección
De conformidade co disposto nas Bases da convocatoria para a selección do “Alumnado-traballador e persoal do obradoiro dual de emprego “Construíndo futuro”, ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde do 31 de decembro de 2020 da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG núm. 22, do 3 de febreiro de 2021), cuxas bases foron aprobadas por Decreto da Alcaldía de data 1 de outubro de 2021 e publicadas no taboleiro de anuncios do Concello e na Sede Electrónica do Concello de Camariñas en data 04/10/2021, unha vez remitida polo SPEG a listaxe de candidatos (Oferta de emprego núm. 12-2021-10004), esta faise pública, dispoñendo as persoas interesadas incluídas na mesma de dous días hábiles, a contar desde a publicación no taboleiro de anuncios do concello, para presentar a súa solicitude de participación no proceso de selección.
As solicitudes presentaranse, no modelo normalizado que figura como anexo nas bases da convocatoria, dirixidas á sra. Alcaldesa-Presidenta, e virá acompañada da seguinte documentación:
- DNI (copia)
- Informe de vida laboral
- Titulación académica
- Se se solicita a especialidade EOCB0211 Pavimentos e albanelería de urbanización, documentación acreditativa dos requisitos para poder acceder a formación dun certificado de nivel 2.
- Xustificante de ter unha discapacidade igual ou superior ao 33% (de ser o caso)
- Xustificante de participación en IPI (de ser o caso).
- Xustificante de muller vítima de xénero (de ser o caso).
- Xustificante de persoa emigrante retornada (de ser o caso).
- Documentación que acredite o resto dos criterios de valoración que aparecen nas bases de SELECCIÓN DE PERSOAL PARA OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “CONSTRUÍNDO FUTURO” publicadas no Taboleiro de anuncios do Concello o 4 de outubro de 2021.
A listaxe de persoas admitidas/excluídas publicarase na sede Electrónica do Concello de Camariñas o venres día 8 de outubro de 2021.
A selección mediante cuestionario será o luns día 11 de outubro de 2021, ás 11:30 horas, no salón de actos da “Casa de Pedra de Camariñas”, praza de Insuela, núm. 54 – Camariñas.
Proceso selectivo equipo directivo, docente e de apoio:
De conformidade co disposto nas Bases da convocatoria para a selección do “Alumnado-traballador e persoal do obradoiro dual de emprego “Construíndo futuro”, ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde do 31 de decembro de 2020 da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG núm. 22, do 3 de febreiro de 2021), cuxas bases foron aprobadas por Decreto da Alcaldía de data 1 de outubro de 2021 e publicadas no taboleiro de anuncios do Concello e na Sede Electrónica do Concello de Camariñas en data 04/10/2021, unha vez remitida polo SEPEG as listaxes de candidatos (Ofertas de emprego núm. 12-2021-10048, 12-2021-10047, 12-2021-10056, 12-2021-10037, 12-2021-10044 e 12-2021-10043), estas fanse públicas, dispoñendo as persoas interesadas incluídas nas mesmas de TRES días hábiles, a contar desde a publIcación no taboleiro de anuncios do concello, para presentar a súa solicitude de participación no proceso de selección.
As solicitudes presentaranse, no modelo normalizado que figura como anexo nas bases da convocatoria, no rexistro xeral do Concello, preferentemente a través da Sede electrónica do Concello, xunto con copia do DNI e a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos específicos establecidos para cada posto no ANEXO das bases e a documentación necesaria para a valoración de méritos, dirixidas á sra. Alcaldesa-Presidenta de Camariñas.
A listaxe de persoas admitidas/excluídas publicarase na sede Electrónica o xoves día 14 de outubro de 2021, dándose un día hábil para presentar alegacións.
A listaxe definitiva publicarase na sede Electrónica o venres día 15 de outubro de 2021.
A proba escrita celebrarase o luns día 18 de outubro de 2021.
Mais información: Axencias de emprego e desenvolvemento local dos Concellos de Muxía, Camariñas e Vimianzo