Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Visita Muxía!
Tes moitos motivos para visitarnos: o misticismo do santuario da Virxe da Barca, a historia escrita en pedra en Moraime, o último atardecer de Europa en Cabo Touriñán, as praias tranquilas, os camiños serpenteantes que convidan a andar, a xente acolledora, as igrexas románicas, a beleza das construcións tradicionais espalladas por todo o territorio, a gastronomía do mar e a terra, as festas que animan a gozar no verán… Estiveches algunha vez no Mercado das Rutas do Mar?
Necesitas máis razóns para vir a coñecernos?
OFICINA DE TURISMO “CASA DAS BEIRAS”
HORARIO:
MARTES a VENRES: 9:30 ás 13:30 horas e de 16:30 ás 19:00 horas
SÁBADO: de 10:30-13:30 e de 16:30-20:00 horas
Correo electrónico:
turismo@muxia.es