Secadoiros dos congros

Muxía recibiu e recibe a innumerables viaxeiros. Moitos veñen por motivos relixiosos; coma os que camiñan ata o santuario da Nosa Señora da Barca; a onde tamén chegan os peregrinos que completan o Camiño Xacobeo cara o océano Atlántico. Tamén ata aquí chegaban os bilbilitanos dende a localidade aragonesa de Calatayud. No Medievo traían cordas para os barcos de Muxía e levaban de volta, como pago en especie, pezas de congro dos secadoiros da ribeira que transformaron nunha delicatessen para o padal, que se segue consumindo hoxe en día. En Muxía consérvanse os dous únicos secadoiros de congro de toda a Península, o dos Cascóns e o da Pedriña. Neste último, o proceso de curación e secado do peixe é totalmente artesanal.

A sinxela receita de garavanzos á bilbitaína, na que outro ingrediente principal é o congro seco de Muxía, forma parte da cultura culinaria desta zona de Zaragoza e doutras áreas de interior como Castela, Soria, La Rioja, localidades de Aragón, pero tamén Reus, en Cataluña. Cómese, sobre todo, en Semana Santa e en Nadal.

Tamén na Semana Santa de Muxía se organiza unha festa do congro na que os restaurantes locais preparan diferentes especialidades que teñen como base este peixe.

Localización

Enderezo

Secadoiro da Pedriña

Vila de Muxía. Muxía, A Coruña

Enderezo

Secadoiro dos Cascóns

Vila de Muxía. Muxía, A Coruña