Igrexa parroquial de Santa María de Morquintián

Templo románico, que consta dunha soa nave e de ábside rectangular, que presenta na parte externa da nave principal unha interesante colección de canzorros, onde se representan tanto figuras de animais coma persoas en actitudes burlescas.

A entrada principal consta dunha sinxela porta cun arco rebaixado, apoiado en dúas columnas adosadas que rematan en sendos capiteis; máis enriba vemos unha fiestra circular, que corresponde ós restos dun antiguo rosetón e sobre o cume do teito aséntase unha antefixa. O campanario, tamén de grande interese arquitectónico, está na parte lateral norte, adosado á sacristía.

Localización

Enderezo

Morquintián, s/n. Muxía, A Coruña