Riamar
O restaurante Riamar ofrece unha cociña caseira e está especializada en churrasco á brasa. Conta con carta e ten menú do día con primeiro, segundo, bebida, sobremesa e café. A cociña está aberta de 13:00 a 15:30 e de 21:00 a 23:30. Abre de 10:00 ata o peche.
Fan comida por encargo e para levar. As súas especialidades son churrasco de tenreira, entrecot á pementa ou ao champiñón, linguado á prancha, croquetas caseiras, peixes e mariscos.
Dispón dunha terraza de nove mesas e 35 prazas e un amplo aparcadoiro. Pecha o luns.
Localización
Enderezo
Lugar da Baiuca, 24. Muxía. A Coruña.