Pensión Arco Iris

A pensión Arco Iris está situada na praia do Lago diante dun piñeiral. Conta con catro sinxelos, acolledores, coloridos e luminosos cuartos. Cada un ten baño privado, televisión, calefacción central e balcón privado. Pódese entrar despois das 14:00 e a saída é antes das 12:00.

Tamén dispoñen de bungalows de madeira a 300 metros da praia. A súa capacidade é para catro ou cinco persoas. Son amplos e luminosos e teñen xardín con grellada. Todas estas estancias contan con cociña ben equipada e dous cuartos, un con cama de matrimonio e outro con liteiras.

Tamén conta con restaurante onde se poden saborear receitas tradicionais cun toque actual, elaboradas coas mellores materias primas e feitas no momento. Os sabores que tanto caracterizan a Galicia, tanto do mar como da terra, están presentes.

Localización

Enderezo

Praia do Lago, 151. Muxía. A Coruña.

Contacto