O Paraíso
O cámping está situado diante dun piñeiral que dá á praia do Lago, no centro da ría Muxía-Camariñas. Ten cualificación 1, segundo o baremo da Federación Española de Clubs Campistas (FECC).
Está aberto todo o ano e ten unha superficie total de 1,8 hectáreas con 32 prazas de acampada, dúas mobilhomes, caravanas para alugar e dous bungalows de madeira con capacidade de aloxar a 4 persoas cada un.
Tamén ten restaurante. As súas especialidades son os percebes e os arroces con lumbrigante ou con mariscos.
Localización
Enderezo
Praia do Lago, 152, Merexo. Muxía. A Coruña.