Museo do Voluntariado

AVISO:

Las visitas se realizaran bajo petición y previa reserva llamando al 981 74 20 01

————————————————————————————————————————

Museo que acolle unha mostra permanente de fotografías da catástrofe do barco Prestige fronte á costa galega e dos miles de voluntarios e voluntarias que traballaron nos labores de limpeza.

O 13 de novembro de 2002, o barco Prestige lanza un SOS a 28 millas de Fisterra. Presenta unha brecha no seu casco, a súa tripulación é evacuada e co paso das horas, a situación descontrólase e empeza o vertido de chapapote que chega ás costas galegas. Muxía é unha das primeiras localidades que enfronta as consecuencias en forma de chapapote, primeiro, e da marea branca de voluntarios que veñen a axudar, despois.

A mostra contén abundante material gráfico desos meses de loita contra a contaminación por pate de veciños e voluntarios, libros de dedicatorias e agasallos recibidos polo Concello que dan testemuño das numerosas persoas que acudiron á Costa da Morte para axudar.

Localización

Enderezo

Praza da Camposa, s/n. Muxía, A Coruña