Ruta literaria. Poeta López Abente

Ao poeta Gonzalo López Abente adicóuselle o Día das Letras Galegas de 1971, oito anos despois do seu pasamento. O poeta do mar ten moitos lugares na vila de Muxía que foron unha referencia para el, como é o monolito que se atopa na entrada da vila e onde parte esta ruta.

Unha das paradas é a casa onde viviu López Abente, ubicada na rúa Virxe da Barca e que hoxe está reformada.

Pero este percorrido está cheo de recordos e de referencias poéticas que podedes disfrutar no seguinte enlace.

  • Ruta na vila a pé.
  • Traxecto:
    • Monumento a López Abente.
    • Porto.
    • Casa de López Abente.
    • Cruceiro do Cabo da Grixa.
    • Furna da Rechinola.
    • Santuario da Virxe da Barca.
    • Pedras da Barca.
    • Miradoiro do Corpiño.
    • Camiño e fonte da Pel
    • O Coído
    • A Camposa.
  • Lonxitude:
    • 3 quilómetros.
  • Dificultade:
    • Baixa.
  • Duración:
    • 1 hora.
  • Punto de inicio: Monumento a López Abente.
  • Punto final: A Camposa.