Ruta Praia do Lago – San Martiño de Ozón
Esta ruta circular leva a camiñar ao lado do mar, do río, cruzar carballeiras e adentrarse nos núcleos interiores do municipio, onde se poderá gozar da contemplación de varias construcións románicas e do interesante conxunto arquitectónico de San Martiño de Ozón, composto por un templo que formou parte dun antigo mosteiro benedictino, unha grandiosa casa rectoral e un impresionante cabazo do século XVII, o quinto máis longo de Galicia con 21 pares de pés.
- Ruta circular a pé.
- Traxecto:
- Praia do Lago.
- Faro do Lago.
- Leis, polo barrio da Atalaia.
- Lugar de Arriba.
- Igrexa de San Pedro de Leis.
- Igrexa da Nosa Señora da O.
- Sendón.
- Quintáns.
- Pedregás.
- San Martiño de Ozón.
- Merexo.
- Praia do Lago.
- Lonxitude:
- 11 quilómetros.
- Dificultade:
- Baixa.
- Duración:
- 3 horas e media.
- Punto de inicio e fin: Praia do Lago.