Guía turística de Muxía

A guía Descubre Muxía pretende ensinar o territorio do municipio a calquera visitante que se achegue ata este rincón da Costa da Morte. Este libro recolle información de todas as rutas de interese, tanto a pé como en coche, por Muxía e os seus arredores. Pero tamén inclúe outros apartados relacionados co patrimonio natural, histórico e artístico.

A obra estrutúrase en cinco bloques, cada un deles dividido en varios apartados:

  1. O Concello de Muxía na Costa da Morte.
  2. Muxía: unha vila mirando ao mar.
  3. Rutas a pé polo Concello.
  4. Rutas desde Muxía.
  5. Guía práctica.

A obra pode mercarse no propio concello ou na oficina de información turística.