Fonte da Tella

A Fonte da Tella está situada no lugar dos Muíños, na parroquia de Moraime. Este lugar chámase deste modo pola existencia dunha gran cantidade de muiños á beira do río Negro que atravesa o lugar, estando esta área recreativa ao lado dunha fonte próxima ao río, sendo un lugar moi apropiado para a práctica do sendeirismo.

Localización

Enderezo

Os Muiños, s/n, Moraime. Muxía, A Coruña