Parroquia de Coucieiro

Superficie11,10 Km2
LímitesParroquias de Bardullas, Caberta, Moraime, Morquintián e Vilastose.
LugaresAgar, A Aveeira, O Castro, Coucieiro, As Crabeiras, A Farrapiña, Lañas, Montesiños, Morpeguite, Os Pasantes, Santa Mariña, Sorna,Trasufre, Vilar de Outeiro e Vilarmide.
Nº de habitantes 392 (INE, 2013)
CuriosidadesÉ unha parroquia que destaca pola presenza de antigas casas señoriais e templos relixiosos, destacando a igrexa de San Pedro de Coucieiro, a capela da Santiña de Trasufre na que se celebra todos os anos en setembro a romaría da Santiña, e a capela do Castro xunto a unha área recreativa, preto das Caldeiras do Castro.