Casa de Lema

Casa de Lema é unha antiga casa de labranza do ano 1920, situada en Morpeguite, unha aldea de Muxía. Restaurada cunha mestura de estilo rústico e colonial, conserva a estrutura, historia e tradición e dispón de todas as comodidades necesarias. Está situada a 2 quilómetros do Camiño de Santiago – Muxía, nunha contorna natural privilexiada.

Conta con catro habitacións dobres con baño e televisión, unha suite de luxo, unha suite vintage, dous salóns de uso común con cheminea, televisión, sala de lectura e relax con xogos de mesa, un comedor exterior no xardín, parque infantil, grellada, zona de aparcadoiro privado, servizo de recollida de peregrinos no Camiño e transporte de maletas.

Localización

Enderezo

Morpeguite, 85. Muxía. A Coruña.

Contacto