Cámping Playa de Leis
Este cámping, situado na pequena aldea de Leis, ofrece vistas á ria de Camarillas – Muxía. Dispón dun piñeiral onde a xente fai as súas comidas ao aire libre e pasa as súas tardes nun ambiente tranquilo e familiar. Os servizos compleméntanse con instalacións como supermercado, restaurante (tempada alta), cafetería e lavandería.
Os bungalows son amplos e acolledores con todo o tipo de servizos. Contan con cociña, baño, salón, un dormitorio con cama de matrimonio e outro máis na parte superior con dúas camas. Existen bungalows para 4/5 persoas e outros para ata 8 persoas, todos con vistas ao mar. Conta con zona de esparexemento e recreo para os máis pequenos.
Localización
Enderezo
San Pedro de Leis de Nemancos, 80. Muxía. A Coruña.