Ruta Cabo Touriñán – Frixe

Nesta ruta pódese gozar de experiencias completamente distintas: observar o mar batendo no cabo Touriñán ao lado do faro situado na punta máis occidental de Galicia e pasar a pé ao illote do Herboso, se está a marea baixa. Tamén se pode facer surf, contemplar aos surfistas sobre as ondas do mar de Muxía ou observar o interesante espazo natural, de notable valor xeolóxico, botánico e fáunico, da praia de Nemiña,

Pódense ver conxuntos rurais de arquitectura tradicional e descubrir en Nemiña e Frixe templos románicos do século XIII e XII respectivamente. É unha ruta chea de sensacións.

  • Ruta lineal a pé.
  • Traxecto:
    • Cabo Touriñán.
    • Illote do Herboso ou Castelo.
    • Aldea de Campos.
    • Miradoiro de Fonte Espiñeiro.
    • Igrexa románica de Nemiña.
    • Vilela de Nemiña.
    • Praia de Nemiña.
    • Igrexa de Santa Leocadia de Frixe.
  • Lonxitude:
    • 11 quilómetros.
  • Dificultade:
    • Baixa.
  • Duración:
    • 3 horas e media.
  • Punto de inicio: Cabo Touriñán.
  • Punto final: Igrexa Santa Leocadia de Frixe.