Pensión Pedra D´Abalar
A pensión Pedra D´Abalar conta con dous cuartos dobres e catro individuais con vistas ao mar, adaptados para persoas con discapacidade. Cada estancia ten calefacción, televisión, fío musical, wifi gratuíto e un baño con hidromasaxe.
Tamén ten restaurante, que ofrece a cociña típica rexional. Destaca pola súa preparación e calidade e dispón dos mellores peixes e mariscos da costa galega.
Algunhas das súas especialidades son caldeirada mixta, parrillada de peixe e mariscos da ría.
Localización
Enderezo
Avenida da Marina, 35. Muxía. A Coruña.