A de Loló

As especialidades da casa dan protagonismo aos sabores do mar e da terra nunha carta que se compón de pratos tradicionais elaborados cun toque distintivo e vangardista. Os ingredientes son frescos, de primeira calidade, ecolóxicos e fornecidos por provedores da zona. Todo isto cunha boa relación calidade/prezo. Dispón dun moderno e acolledor comedor.

Conta con hotel con oito habitaciónes con baño privado, unha delas preparada para persoas con mobilidade reducida. Tamén dispón de cafetería e bar con terraza e ofrece servizos como rutas confeccionadas a medida e de forma persoal.

Localización

Enderezo

c\ Virxe da Barca, 37. Muxía. A Coruña.

Contacto