Hotel A de Loló

A de Loló é un hotel con oito habitaciónes con baño privado, unha delas preparada para persoas con mobilidade reducida.

O hotel é un edificio de tres plantas redeseñado para manter a autenticidade da contorna que incorpora espazos de lecer, descanso e relax. Está ubicado preto do santuario da Virxe da Barca e dos miradoiros da vila de Muxía, o que permite ofrecer aos seus clientes un punto desde onde descubrir a Costa da Morte.

Tamén ten restaurante, que dá protagonismo aos sabores do mar e da terra nunha carta que se compón de pratos tradicionais elaborados cun toque distintivo e vangardista. Os ingredientes son frescos, de primeira calidade, ecolóxicos e fornecidos por provedores da zona. Todo isto cunha boa relación calidade/prezo. Dispón dun moderno e acolledor comedor. Tamén dispón de cafetería e bar con terraza e ofrece servizos como rutas confeccionadas a medida e de forma persoal.

Localización

Enderezo

Rúa Virxe da Barca, 37. Muxía. A Coruña.

Contacto