Horario
De luns a vernes, de 8:30h a 14:00h.
A axencia de Emprego e Desenvovemento local é unha iniciativa municipal creada co obxectivo de facilitar o desenvolvemento do contorno socioeconómico e a creación de emprego. O seu ámbito de actuación é exclusivamente municipal.
O obxectivo xeral da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local é fomentar a actividade económica e social no concello, ca finalidade de xerar crecemento económico e desenvolvemento social.
De luns a vernes, de 8:30h a 14:00h.
Terceira pranta do concello.
SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA ACTUACIÓNS DE EMBELECEMENTO DO LITORAL GALEGO, NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA, FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA-NEXTGENERATIONEU
O Concello de Muxía obtén unha axuda por importe de 80.000 euros para a execución do proxecto de “Mellora dos accesos na senda do Rio Negro en Muxía” dentro da liña 1 destinada a inversións en zonas verdes como vías verdes, camiños e sendeiros, espazos naturais que fomenten a biodiversidade vexetal, que permitan conectar distintos puntos de interese turístico ou que contribúan a creación de novos produtos turísticos, tales como rutas polas zonas verdes.
Entre os obxectivos destacan:
– corrixir os accesos
– mellorar o impacto dos accesos no espazo litoral, conectando os distintos puntos de interese turístico e ambientais (flora e fauna)
– poñer en valor espazos naturais
– sensibilizar sobre a necesidade da conservación dos espazos naturais
A intervención por tanto, buscar corrixir e fomentar un ámbito co tipo de material de acabado natural que é en madeira, substituíndo as zonas deterioradas, sen a xeración de residuos, adecuado o paseo, facéndoo transitable a todas as persoas que desexen acceder a pé ao devandito punto, sendo as características técnicas e construtivas adecuadas para o goce turístico protexendo o medio ambiente, corrixindo as transformacións da paisaxe e incrementando o potencial turístico do litoral.
PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL 2023-2024
Enderezo
Rúa Real, 35. Muxía.
15124. A Coruña.
Contacto
correo@muxia.es
981742001
Horario
Lu-Ve: 8:30-15:00