Horario
Martes, de 8:30 a 15:00
Autores como Federico García Lorca, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e outros escritores contemporáneos usaron o municipio como tema nos seus libros. Tamén é a terra do poeta López Abente. E conta con dous referentes culturais como son o Mosteiro de Moraime e os secadoiros de congro. Muxía é unha vila literaria e un centro cultural na Costa da Morte, algo que quere manter con múltiples actividades cada ano.
Desde o departamento de Cultura organízanse unha serie de actividades ao longo de todo o ano, entre mostras, cursos, festas…, algunhas como as seguintes:
O premio María Amelia é un certame de carácter anual que premia a persoa ou grupo que, co seu traballo, obra, vida… promocione ou enriqueza, material ou inmaterialmente, a vila e o concello de Muxía en ámbitos como a cultura, a historia, o patrimonio, a etnografía…..
Esta distinción leva o nome da avoa blogueira María Amelia (1911-2009) que espallou o nome de Muxía por todo o mundo a través de Internet grazas ao seu blog A mis 95. Daquela fora recoñecida como a blogueira máis vella de España no 2006 e a máis vella do mundo no 2008.
As persoas ou grupos gañadores deben ser propostas por algunha asociación, agrupación de veciños ou particulares e avalados por máis de 100 sinaturas. O 31 de xullo de cada ano, comunícanse os gañadores que reciben unha estatuíña feita por un artista da Costa da Morte. Ata o de agora recibiron esta distinción as seguintes persoas:
2010: Xan Fernández Carrera, mestre e escritor.
2011: O colectivo de traballadores dos secadoiros do congro, representado polas persoas aínda en activo.
2012: Aurelio González Fernández, presidente fundador do Real Club Fútbol Muxía.
2013: Xosé Búa Trillo, coa súa web deportiva, Pirata de Muxía, e Jesús Toba Nova, conserxe do colexio Virxe da Barca e ilustrador dos contos de Corvo Roque.
2015: Manuel Pazos, Pazos de Merexo, o último mestre do acordeón diatónico de Galicia.
Martes, de 8:30 a 15:00
Planta baixa do concello
Concelleira responsable
olalla.benlloch@muxia.es
Enderezo
Rúa Real, 35. Muxía.
15124. A Coruña.
Contacto
correo@muxia.es
981742001
Horario
Lu-Ve: 8:30-15:00