Parroquia de Touriñán

Superficie6,55 Km2
LímitesParroquias de Morquintián e Nemiña.
LugaresCampos, Moreira e Touriñán.
Nº de habitantes 77 (INE, 2013)
CuriosidadesO Cabo Touriñán é a parte máis occidental de España. É unha pequena península rectangular onde se forma un istmo entre o coído de Balal e a enseada de Cuño. Todo o litoral que comprende a península presenta unha morfoloxía moi accidentada con abruptos cantiles graníticos que fan que esta zona sexa unha das máis perigosas da costa galega, pero que en cambio permite gozar de inmellorables vistas panorámicas.

No lugar de Touriñán podemos visitar a Igrexa de San Martiño do século XII.