Igrexa parroquial de San Martiño de Ozón

Da igrexa primitiva románica consérvanse dous fermosos ábsides de forma circular: o central e o lateral da parte sur. Ó ábside central accédese por medio dun arco triunfal de medio punto, apoiado sobre dúas columnas que rematan en sendos capiteis, cubríndose este ábside cunha bóveda de canón. O ábside lateral sur é tamén románico, aínda que de dimensións máis reducidas.

O ábside da parte norte foi sustituído por unha construcción de forma rectangular en 1708, rompendo así a simetría da fermosa cabeceira desta igrexa polo Pai Velasco, segundo consta nunha inscripción que hai no interior da igrexa. Aínda que a estructura da planta desta igrexa semella moi antiga, as reformas sufridas nos séculos XVII e XVIII cambiaron totalmente o aspecto do templo primitivo.

No seu aspecto externo diferéncianse dúas partes ben distintas: por un lado a fachada, exceptuando o campanario de estilo barroco e os muros laterais e por outra banda a cabeceira, de interesante valor arquitectónico, onde se pode observar no ábside central unha fermosa fiestra con dúas columnas acodilladas, de puro estilo románico, así coma unha rica e variada colección de canzorros, que treman das cornixas dos dous ábsides semicirculares.

Localización

Enderezo

Vilar de Sobremonte, 6, Ozón. Muxía, A Coruña