Igrexa parroquial de San Cristovo de Nemiña

É un templo románico de reducidas dimensións (13 x 6 m.), a máis pequena das igrexas románicas da comarca. Consta dunha soa nave rectangular, cuberta de madeira e ábside cadrado, cun arco de acceso apoiado sobre dúas columnas adosadas que rematan en sendos capiteis decorados con temas vexetais, semellantes ós da igrexa de Frixe. A bóveda que cubre o ábside é apuntada.

É unha construcción de elevado interese dentro do arte románico rural polas súas proporcionadas dimensións e a pureza do seu estilo, pois tan so se lle engadiu un campanario no século XVII e unha sacristía nun lateral do ábside.

Localización

Enderezo

Nemiña, s/n. Muxía, A Coruña