Ruta do Solpor de Europa

Powered by Wikiloc

O Coído, zona cero

Situado no paseo marítimo do Coído, cóllese a estrada en dirección á praia de Lourido. Este traxecto percorre varios lugares do municipio ata chegar ao cabo Touriñán.

Ao pouco de saír da vila, de fronte, están as puntas de Cachelmo e da Buitra cos seus cantís.  A punta do Cachelmo remata nunha profunda furna, chamada A Buserana.

Preto do campo de fútbol atópase a cala da Arliña, e fronte a ela a extensa praia de Lourido.

Praia de Lourido

Ao pouco de pasar a aldea de Lourido, á dereita queda o monte Cachelmo e á esquerda o miradoiro do monte Facho.

Seguindo pola estrada de Touriñán, atópase a praia da Arnela e a punta da Buitra, rematando nun pequeno illote. Máis adiante está a enseada de Cuño.

O camiño segue por varios núcleos, como Martinete, Figueiroa, Aboi e Viseo, ata chegar ao treito final de Touriñán. Pódese parar en Moreira e ver unha praia de bolos na que desemboca un regato.

Cando se vexa a lanterna do faro de Touriñán, saberase que estase preto da fin desta primeira parte do traxecto.

Cabo Touriñán

Dúas veces ao ano, a principios da primavera (21/03-25/04) e finais do verán ata o equinoccio de outono (13/08-22/09), o cabo convértese no derradeiro lugar por onde desaparece o sol na Europa continental.

A auga deixa ao descuberto unha lingua de area que a une a terra na illa do Castelo.

Praia de Nemiña

Nemiña é unha praia internacional na que dende hai anos se reúnen os amantes do surf e do bodyboard de toda Europa, sobre todo alemáns, franceses e cada vez máis, veciños da zona.

Na época estival pódese ver cruzar pola praia peregrinos procedentes de Fisterra polo Camiño da Costa. É un bo miradorio para gozar da posta de sol.

  • Ruta lineal a pé.
  • Traxecto:
    • O Coído, zona cero.
    • Praia de Lourido.
    • Cabo Touriñán.
    • Praia de Nemiña.
  • Lonxitude:
    • 29,6 quilómetros.
  • Dificultade:
    • Media.
  • Duración a pé:
    • 6 horas.
  • Duración en coche:
    • 1 hora e media.
  • Punto de inicio: Praza do Coído, Muxía.
  • Punto final: Praia de Nemiña.