Parroquia de Ozón

Superficie16,75 Km2
LímitesParroquias de Moraime, A O e Vilastose
LugaresAgranzón, Casa do Monte, Castelo, Fonte Raposa, Fumiñeo, Gatarante, Merexo, Ozón, Peropombo, Quintáns, San Martiño, Suxo e Vilar de Sobremonte.
Nº de habitantes 947 (INE, 2013)
CuriosidadesEsta parroquia é unha zona idónea para a práctica de actividades relacionadas co turismo rural e a natureza, cruzando por ela unha parte do Camiño de Santiago cara Muxía.

Dispón dun rico patrimonio artístico-cultural representado na Igrexa románica de San Martiño de Ozón e o seu mosteiro do século XIV coa calzada de pedra e un hórreo de grandes dimensións e as capelas de San Isidro de Quintáns do século XVII e da Virxe do Pilar de Suxo do 1902. Tamén ten unhas inmellorables vistas panorámicas ao mar desde o lugar de Merexo e a Praia do Lago, que destaca pola beleza da súa paisaxe natural.