Praia do Coído / Enseada do Cuño

O Coído –ou enseada- de Cuño está considerado un punto de interese natural dentro da costa galega. Os milleiros de pedras redondas e lavadas polo mar, os “coídos”, grandes e pequenos salpican a enseada aquí e acolá, non deixando espazo para a area. Rodeada de campos de cultivo, a súa orixe pode estar en depósitos cuaternarios ou nunha terraza mariña.

Coincidindo coa marea baixa calquera día, pero sobre todo nas fins de semana, este é un lugar moi frecuentado por pescadores do propio municipio ou de fóra.

Localización

Enderezo

O Coído, Morquintián. Muxía, A Coruña