Ruta Muxía – Monte Facho

Powered by Wikiloc

Dende o cume do monte Facho hai unha fermosa panorámica sobre a península de Muxía e toda a ría. Para chegar ata alí, pásase antes por fermosas praias con dunas, onde se poderá observar unha vexetación única que medra neste tipo de ecosistemas.

De camiño, resulta interesante observar a arquitectura de estruturas tales como vivendas, cabazos e alpendres típicos da zona.

  • Ruta circular a pé.
  • Traxecto:
    • Praza do Coído.
    • Campo de fútbol.
    • Praia de Arliña.
    • Praia de Lourido.
    • Aldea de Lourido.
    • Monte Facho (312 metros de altitude).
    • Xurarantes.
    • Muxía, pola pista da fonte do Bico.
  • Lonxitude:
    • 15 quilómetros.
  • Dificultade:
    • Media.
  • Duración:
    • 3 horas.
  • Punto de inicio e fin: Praza do Coído.