Ruta Praia do Lago – San Martiño de Ozón

Powered by Wikiloc

Esta ruta circular leva a camiñar ao lado do mar, do río, cruzar carballeiras e adentrarse nos núcleos interiores do municipio, onde se poderá gozar da contemplación de varias construcións románicas e do interesante conxunto arquitectónico de San Martiño de Ozón, composto por un templo que formou parte dun antigo mosteiro benedictino, unha grandiosa casa rectoral e un impresionante cabazo do século XVII, o quinto máis longo de Galicia con 21 pares de pés.

  • Ruta circular a pé.
  • Traxecto:
    • Praia do Lago.
    • Faro do Lago.
    • Leis, polo barrio da Atalaia.
    • Lugar de Arriba.
    • Igrexa de San Pedro de Leis.
    • Igrexa da Nosa Señora da O.
    • Sendón.
    • Quintáns.
    • Pedregás.
    • San Martiño de Ozón.
    • Merexo.
    • Praia do Lago.
  • Lonxitude:
    • 11 quilómetros.
  • Dificultade:
    • Baixa.
  • Duración:
    • 3 horas e media.
  • Punto de inicio e fin: Praia do Lago.