A gastronomía de Muxía caracterízase pola súa variada cociña tradicional e popular elaborada con produtos procedentes do mar e do campo. Conservan a esencia culinaria tradicional, que foi trasladándose ao longo dos anos dunhas xeracións a outras.

Existe unha ampla variedade de peixes e mariscos, destacando a robaliza, pescada, congro, percebes, centolas, nécoras, luras… Todos eles pódense degustar á plancha, en caldeirada… en calquera dos restaurantes locais.

Como no resto de Galicia, en Muxía tamén é típico o lacón con grelos que se cociña desde primeiros de novembro ata o Entroido. Tamén se pode comer a sobremesa típica destas datas, as filloas e as orellas.

Non hai que olvidar tampouco os distintos tipos de empanadas elaboradas polos panadeiros locais. A súa elaboración é do máis variado, destacando as de bacallau, carne, berberechos, bonito, polbo…