Muxía, espazo para a creación

Unha península que parece unha illa, un clima duro, pero especial,… O vento do nordés. Tranquilidade case extrema. O mar, sempre o mar.

Características todas que buscan artistas internacionais ou nacionais que se asentan en Muxía dende hai anos tras unha atracción inmediata. Algúns desde hai máis de catro décadas como o xaponés Yoshiro Tachibana, recentemente falecido. E en tempos máis recentes, o ourensán Alexandro ou o alemán Detlef Kappeler. Todos eles pintores.

A lista de artistas, escultores e artesáns locais que desenvolven desde Muxía o seu traballo tamén se van enchendo: Viki Rivadulla, Xervasio Sar ou Chérie Trillo,…