Casa Marcelino

Casa Marcelino atópase a menos dun quilómetro das praias Area Maior – Os Muiños e Lourido, en Muxía. Está a 19 quilómetros de Cee e Corcubión, a 25 quilómetros de Fisterra, a 70 quilómetros de Santiago de Compostela e a 90 quilómetros da Coruña.

A casa rural alúgase de forma completa. O aluguer da casa inclúe calefacción, televisión, lavadora e uso da cociña. Durante a estancia, os clientes estarán sos e non serán molestados. É ideal para grupos de amigos, matrimonios con ou sen nenos, parellas,….

Localización

Enderezo

Casas Novas, 6, Moraime. Muxía. A Coruña.

Contacto