Ruta Caldeiras do Castro – Coucieiro

As Caldeiras do Castro é unha das paraxes naturais de maior encanto do municipio. Son fascinantes os rápidos e as fervenzas do espazo natural e pódese descansar, no silencio roto polo son da auga, na área recreativa que hai ao seu carón.

Pasa por varios núcleos interiores do rural onde se verán magníficas vivendas, entre elas dúas casas fidalgas con escudo e a igrexa de Coucieiro, construcción barroca da primeira metade do século XVIII, na que se conservan tres interesantes retablos.

Chegando ao fin, camíñase acompañado dun bosque de ribeira cheo de especies que medran ao lado do curso do río.

  • Ruta circular a pé.
  • Traxecto:
    • Caldeiras do Castro.
    • Área Recreativa e capela de Santo Outelo.
    • Agar.
    • Santuario da Santiña, Trasufre.
    • Calo.
    • Senande.
    • San Cibrán de Vilastose, Grixa.
    • A Casanova.
    • Igrexa de San Pedro de Coucieiro.
    • Vilar de Outeiro.
    • Caldeiras do Castro.
  • Lonxitude:
    • 10 quilómetros.
  • Dificultade:
    • Baixa.
  • Duración:
    • 3 horas.
  • Punto de inicio e final: Caldeiras do Castro.