Ruta das aves Agra de Nemiña e Ría de Lires

Powered by Wikiloc

Itinerario de gran beleza paisaxística, que nos conducirá polas campiñas e a paisaxe litoral da enseada de Nemiña. Praias, sistemas dunares, esteiros, acantilados e mosaicos agro-pastorais, danlle acubillo a unha rica comunidade ornítica, con grandes continxentes de aves acuáticas e mariñas e unha heteroxénea mostra das pertencentes a medios terrestres abertos, tales como as ligadas a terreos agrícolas, pasteiros e áreas de matogueiras. Ademais, a estratéxica situación xeográfica e as adecuadas características ambientais que reúne a zona, convértena nun enclave ideal para os buscadores de rarezas e aves escasas.

  • Ruta circular a pé.
  • Traxecto:
    • Nemiña.
    • Talón.
    • Praia de Nemiña.
    • Ría de Lires.
    • Vilela de Nemiña.
    • Nemiña.
  • Lonxitude:
    • 8 quilómetros.
  • Dificultade:
    • Baixa.
  • Duración:
    • De 3 a 4 horas.
  • Punto de inicio e de chegada: Nemiña.