A romaría da Barca

A romaría da Barca de Muxía é unha antiga celebración de culto (a súa antigüidade vai parella á data da fundación da primeira capela cara o século XI ou XII) que segue aínda nos nosos días congregando a unha cantidade inxente de feligreses vidos de tódalas partes de Galicia e incluso de fóra que acuden ao Santuario da Barca a abalar a Pedra de Abalar e pasar por debaixo da Pedra dos Cadrís, das cales pénsase que teñen propiedades curativas e que chaman á solidariedade da xente. Tamén podes visitar a Pedra dos Namorados e a Pedra do Temón. 

Pero ao mesmo tempo foise creando unha festa paralela á celebración relixiosa, converténdose a Romaría da Barca na máis importante da Costa da Morte e en punto de encontro dos mozos que chegan a milleiros a Muxía o sábado pola noite para estar ata o amencer bailando e gozando dun ambiente único e cheo de alegría. Por iso pódense ver todos os anos escenas moi curiosas, ao mesturarse a xente que regresa da festa e a xente que vai para os actos litúrxicos do Santuario.

A romaría da Barca celébrase o segundo domingo de setembro, menos cando este segundo domingo é día 8. Entón pasa ao seguinte, que cae en 15. Por iso existe o seguinte dito: “A romaría da Barca non baixa de nove nin sube de quince” (referíndose ao domingo da Barca).

Ábrese o proceso festivo coa celebración da Novena, que é moi concurrida polos veciños. O último día da Novena, o venres da Barca, a asistencia aumenta debido aos romeiros que, en cumprimento da súa promesa, veñen camiñando desde os seus lugares de orixe.

“Himno a la Virgen de la Barca” 1952

Localización

Enderezo

Santuario da Virxe da Barca, vila de Muxía. Muxía, A Coruña