A Casa do Peixe

A Casa do Peixe está especializada no produto autóctono de alta calidade do mar de Muxía e da Costa da Morte. É unha gastronomía baseada na materia prima local.

A carta conta con exquisitas receitas de peixes, mariscos e saborosas carnes a un prezo alcanzable. Teñen tapas diarias e menús especiais para familias e nenos, ademais do menú do peregrino. De luns a venres (excepto festivos) ofrecen menú diario con tres primeiros e tres segundos.

Está á beira da praia da Cruz e do porto deportivo, cunha ampla zona de paseo marítimo xusto enfronte do restaurante, que permite gozar dunhas marabillosas vistas.

O establecemento dispón de capacidade para 62 comensais e dun amplo aparcadoiro. Conta ademais con conexión wifi gratuíta e terraza para fumadores.

No restaurante realízanse diversos tipos de accións de divulgación da cultura mariñeira, como exposicións semestrais relacionadas con Muxía e a súa historia e cultura mariñeira, exposición de congro seco en vitrina e as xornadas dedicadas á súa gran especialidade, o congro seco.

Localización

Enderezo

Avenida López Abente, 34. Muxía. A Coruña.

Contacto