
O Alcalde estivo acompañado nesta entrega dos profesores responsables do curso Sagrario Álvarez e Felipe Sar. Todos eles mostraronse moi satisfeitos de facer esta entrega e dos resultados acadados polos alumnos e alumnas , destacando o Alcalde o esforzo que fan estas persoas compaxinando os seus respectivos traballos e vida familiar coas clases e a importancia do Graduado en ESO para ter máis oportunidades á hora de acceder a un emprego. Dende o Concello de Muxía felicitamos aos alumnos e alumnas que acadaron o Graduado e animamos a outras persoas a matricularse nos cursos de preparación da ESO para adultos.